Contables e incontables


 Os substantivos concretos poden ser 
 CONTABLES, DESCONTINUOS ou XENÉRICOS
 INCONTABLES, CONTINUOS ou DE MATERIA

Os contables (tamén chamados descontinuos ou xenéricos) designan entidades que se poden contar: rapaz, bolboreta, estoxo... Podemos dicir dous rapaces, tres rapaces, seis estoxos...

Os incontables (tamén chamados continuos ou de materia) designan entidades que non se poden contar (aínda que si se poden medir ou pesar), polo tanto non levan diante numerais como un, unha, dous, dúas, tres, catro...; observa este exemplo:

 un barco flota na auga do mar podemos dicir

dous barcos

tres barcos

 barco é un substantivo contable
non podemos dicir

en dúas augas

en tres augas

 auga é un substantivo incontable

Nalgúns casos un substantivo incontable pode transformarse en contable:

a auga do mar
as augas minerais
 indica a materia, non se conta
indica tipos de auga, pódese contar:

unha auga, dúas augas...

 

Icona iDevice

Actividade

Realiza estes dous pequenos exercicios de clasificación para comprobar que comprendiches a diferenza entre contables e incontables.