Definición de substantivos concretos

As definicións de substantivos concretos teñen con frecuencia tres elementos:

  • comezan habitualmente con un termo xeral que pode ser un hiperónimo ou un termo xenérico como "obxecto", "utensilio", "dispositivo", "peza", "parte de"..; 
  • a continuación indícanse as características físicas;
  • finalmente, nalgúns casos, cítase a súa función ou utilidade.

Estes dous últimos elementos poden alterar a súa posición. 

Icona iDevice

Actividade 1

Imos comezar con uns exercicios ben doados. Nas definicións dos nomes concretos aparecen con frecuencia as características do elemento que se describe e a continuación o seu uso ou función (para que serve, onde se utiliza...).

Nos dous primeiros exercicios debes relacionar unha serie de palabras coa súa definición. Fíxate que en todas elas hai unha información sobre as características físicas e outra información sobre a súa función ou utilidade.

No terceiro aparecen dúas series de frases, unha sobre características e outra sobre funcións; corresponden a un conxunto de definicións; debes emparellalas correctamente para que sexan a definición das palabras que se indican.

 

 


Icona iDevice

Actividade 2: definición de palabras

Neste exercicio debes explicar para que serve cada un dos obxectos que aparecen nas imaxes, redactando correctamente esa explicación.

Podes comezar con algunha destas posibilidades:

é 

un utensilio

unha ferramenta

un aparello

un obxecto

usado,-a

utilizado,-a

que se usa

que se utiliza

que serve

que usamos

que ten como función

que ten como finalidade

 

para...

 

 imaxe para describir1 imaxe para describir2
 imaxe para describir3
 Imaxe para describir4  imaxe para describir5  Imaxe para describir6
 imaxe para describir7  imaxe para describir8  imaxe para describir9

 


Icona iDevice

Actividade 3: definición de palabras

Esta actividade debes facela no teu caderno. Trátase de que elabores ti a definición dunhas palabras; para iso imos darche as características do obxecto que debes definir e tamén os seus usos ou funcións. Ti debes simplemente construír unha frase correcta unindo toda a información. Fíxate no exemplo e fai o mesmo coas outras palabras.

Palabra para definir
Características  Función Definición
 Semáforo Aparello que emite sinais luminoso.

Eses sinais son de cor vermella, laranxa e verde.

Serve para regular o tráfico. Aparello que emite sinais luminosos de cor vermella, laranxa e verde e que serve para regular o tráfico.

Agora escribe ti no teu caderno a definición das seguintes palabras:

 Palabra Caracteristicas  Función
 Farol Caixa de vidro.

Pode ser portátil ou estar fixa.

Leva unha luz dentro.

 Úsase para alumar.
 Gardalama Peza que levan os coches, motos e bicicletas.

Colócase cubrindo as rodas.

Evita que as rodas salpiquen lama.
 Hamaca Rede ou lona.

Cólgase polos dous extremos.

Tombándose nela é posible bambearse.
 Lixa Papel con unha capa áspera.

Esa capa ten area, po de vidro ou material semellante.

Emprégase para pulir superficies.
Niño Construcción feita polas aves.

É de palla, barro e outros materiais.

As aves poñen aí os seus ovos e crían.

 


Icona iDevice

Actividade 4: definición de palabras

Agora xa o debes facer sen axuda. Seguro que non tes problema para definir as seguintes palabras: mesa, dente, prendedor, album, chaveiro, almofada.

Despois de realizado o exercicio, consulta esas palabras nun dicionario e comproba se as túas definicións son similares.