Describir unha persoa

Para describir unha persoa debemos seguir estas indicacións básicas:

  • Despois de observar e reflexionar sobre a persoa que imos describir, organizaremos a información que nos parece máis destacada. A observación pode ser física ou mental, se imos describir a alguén que non está connosco, pero a quen coñecemos.
  • Seguiremos unha orde, do máis xeral ao máis particular:
  1. Indicaremos o seu xénero (un home, unha muller, un rapaz... )
  2. Diremos a súa idade (naturalmente será a idade aproximada na maior parte dos casos: é unha nena de meses, un vello, unha velliña, un señor maduro, unha moza nova, terá uns vinte anos, andará polos corenta, etc.
  3. Citaremos a súa aparencia xeral: fermoso, feo, atlético, de aspecto canso, musculoso..
  4. Sobre a súa talla indicaremos se é unha persoa alta, baixa, anana, delgada, fraca, barriguda etc.
  5. A continuación describiremos a súa cara, pois é elemento das persoas no que máis nos fixamos e que o máis nos identifica. Ao falar da cara iremos tratando os distintos elementos: a súa forma (ovalada, cadrada, ancha...), o cabelo (abundante ou escaso, negro, loiro, ondulado, liso...), os ollos (grandes, pequenos, vivaces, alegres, claros, escuros, azuis, verdes...), os labios (grosos, finos, carnosos...), a fronte (ampla, pequena...) etc.
  6. Se é o caso falaremos dalgunha característica particular que teña a persoa descrita: calvo, bigote, barba, algunha mancha ou marca significativa.
  7. A continuación, xa para rematar o retrato físico, falaremos da súa vestimenta.
  8. Finalmente daremos información sobre o seu carácter: diremos se é unha persoa amable, sociable, antipática...
Non é obrigatorio seguir necesariamente esta orde; son posibles outras organizacións, pero sempre debe existir unha organización determinada, evitaremos dar a sensación de saltar dun lado a outro sen orde concreta.
Icona iDevice

Actividades

1. Tendo en conta o anterior debes facer a descrición do personaxe dos que aparecen na galería de imaxes seguinte que che corresponda, por sorteo ou segundo o número de clase.

Podes inventar ti o corpo e a personalidade do personaxe a partir da súa cara. Pero debes describir con precisión a súa imaxe pois despois de corrixidos os traballos expoñeranse na clase para que as demais persoas os identifiquen: se os demais non descobren o teu personaxe a nota non será boa.

Despois de realizado o traballo, e corrixido, debes pasalo mediante o tratamento de textos, utilizar o corrector ortográfico e envialo ao correo que o profesor ou profesora indique.

Para facilitarche a escolla de adxectivos para a descrición damos a continuación unha batería deles para cada parte da cara. Pasando o punteiro do rato por riba do nome aparecerán os adxectivos:

 cara fronte
nariz
boca  ollos
 dentes meixelas
pescozo  labios  orellas

2. Reasignaranse as imaxes e cada persoa debe tomar as notas elementais para facer o retrato robot do personaxe que lle correspondese agora, de xeito oral: tes que explicarlle á policía como é esa persoa, que desapareceu, e non hai ningunha foto dispoñible dela.

As demais persoas da clase dirannos se o personaxe está ben retratado ou non, que cousas son as que mellordescribimos e en cales deberiamos mellorar.


Icona iDevice

Galería de imaxes para describir

Mostrar 01 imaxe
01
Mostrar 02 imaxe
02
Mostrar 03 imaxe
03
Mostrar 04 imaxe
04
Mostrar 05 imaxe
05
Mostrar 06 imaxe
06
Mostrar 07 imaxe
07
Mostrar 08 imaxe
08
Mostrar 09 imaxe
09
Mostrar 10 imaxe
10
Mostrar 11 imaxe
11
Mostrar 12 imaxe
12
Mostrar 13 imaxe
13
Mostrar 14 imaxe
14
Mostrar 15 imaxe
15
Mostrar 16 imaxe
16
Mostrar 17 imaxe
17
Mostrar 18 imaxe
18
Mostrar 19 imaxe
19
Mostrar 20 imaxe
20
Mostrar 21 imaxe
21
Mostrar 22 imaxe
22
Mostrar 23 imaxe
23
Mostrar 24 imaxe
24
Mostrar 25 imaxe
25
Mostrar 26 imaxe
26
Mostrar 27 imaxe
27
Mostrar 28 imaxe
28
Mostrar 29 imaxe
29
Mostrar 30 imaxe
30
Mostrar 31 imaxe
31
Mostrar 32 imaxe
32
Todas as imaxes pertencen a Mark Coggins e proceden da páxina http://www.flickr.com/photos/markcoggins, con licenza CC 2.0