Adxectivos e determinativos

Clasifica a palabra en MAIÚSCULAS de cada frase.
Vémonos CALQUERA día destes.
A semana PASADA houbo vacacións.
ESTA semana iremos ao cine.
Visitáronnos as colegas ASTURIANAS.
ALGUNHAS rapazas non viñeron.
Os animais DOMÉSTICOS son como da familia.
É a cachola máis GRANDE que teño visto.
Coñezo unha entrada SECRETA.
Teño VARIOS cadernos de exercicios
Viven no TERCEIRO andar.
Tivo unha idea BRILLANTE.
Había DEMASIADA xente para atoparnos.