Indice xeral de contidos

Icona iDevice

Obxectivos

Cando remates este traballo, serás capaz de :

  • Definir palabras, describir obxectos ou retratar literariamente persoas.

Para iso, previamente debes coñecer:

  • Que é unha descrición.
  • Que son as descricións técnicas, onde aparecen e cal é a súa finalidade.
  • Que son as definicións e que diferenzas hai entre dicionarios e enciclopedias.
  • Como se definen os substantivos concretos.
  • Que é un hiperónimo.
  • Que é a descrición literaria, cales son as súas funcións e as súas características.
  • Que tipos de descrición hai segundo o obxecto da mesma.
  • Que diferenzas hai entre unha descrición obxectiva e unha descrición subxectiva.
  • Cal é o procedemento para elaborar unha descrición.
  • O léxico relacionado co corpo humano
  • Como elaborar a descrición dunha persoa.
  • Cales son as características lingüísticas dos textos descritivos
  • En que se distinguen adxectivos e substantivos.
  • Algúns recursos literarios usados nas descricións.
  • Que todas as linguas teñen variedades dentro da súa unidade.
  • Cales son esas variedades.
  • Cales son os rexistros dunha lingua, a que se deben e cales son as súas características.

Icona iDevice

Contidos

Mapa de contidos da secuencia