O grao do adxectivo

A calidade que expresa o adxectivo pode presentar maior ou menor intensidade. Por exemplo, dos ollos dunha persoa podemos dicir que son azuis, que son moi azuis, que son tan azuis como o ceo, que son os máis azuis de todos os que coñecemos...

Para expresar esa maior ou menor intensidade existen os chamados graos do adxectivo, que son tres:

 Grao positivo  Grao comparativo  Grao superlativo
Expresa unha calidade sen comparala nin intensificala. Compara a mesma calidade atribuída a dous substantivos; ou dúas calidades atribuídas a un substantivo. Expresa a calidade en grao máximo ou mínimo.
 ollos azuis

ten os ollos tan azuis como o ceo  (un adxectivo: azuis // dous substantivos: ollos e ceo)

hoxe o ceo está máis gris ca azul (un substantivo: ceo // dous adxectivos: azul e gris)

ollos moi azuis

ollos azulisimos

os ollos máis azuis de todos

  Pode ser Comparativo de igualdade: André é tan intelixente coma Xiana Superlativo absoluto: Xiana é moi intelixente
Comparativo de inferioridade: André é menos intelixente ca Xiana Superlativo relativo: Xiana é a máis intelixente da clase
Comparativo de superioridade: André é máis intelixente ca Xiana  

 

A formación do comparativo

 

 IGUALDADE

TAN + adxectivo + COMO / COMA + 2º termo

está tan colorado como / coma un tomate 

está tan colorado coma ti

SUPERIORIDADE

MÁIS + adxectivo + CA / QUE / DO QUE + 2º termo

está máis fresca ca / que unha leituga

está máis fresca do que aparenta

 INFERIORIDADE

MENOS + adxectivo + CA / QUE / DO QUE + 2º termo

é menos suave ca unha lixa!

está menos triste do que pensabamos

 

Para saber cando se usa cada unha das partículas comparativas (como, coma, ca, que e do que) pasa ao apartado seguinte (ortografía).

 

 

 

A formación do superlativo

SUPERLATIVO
  ABSOLUTO: ten dúas formas, por exemplo: clarísimo = moi claro  
  SINTÉTICO (nunha soa palabra)
 
 

Engádese ao adxectivo o sufixo -ÍSIMO: fácil > facilísimo

Cando o adxectivo remata en vogal átona, esta suprímese ao unirlle o sufixo: grande > grandísimo

 
  Os adxectivos rematados en -BLE forman o superlativo en -BILÍSIMO: amable > amabilísimo  
 

Hai adxectivos con unha forma especial, máis culta que o adxectivo:

antigo > antiquísimo; sabio > sapientísimo; cru > crudísimo; fiel > fidelísimo

 
 

Existe aínda outro superlativo, de carácter máis culto, co sufixo -ÉRRIMO, que só se utiliza nuns poucos adxectivos:

célebre > celebérrimo; mísero > misérrimo; pobre > papérrimo...

 
 
ANALÍTICO  (con dúas palabras)
 

Anteponse o adverbio MOI ao adxectivo: moi claro

Tamén poden ser outros adverbios como BEN, EXTRAORDINARIAMENTE, INMENSAMENTE...: ben claro, extraordinariamente alegre, inmensamente feliz...

 
 
 
 RELATIVO
 

Fórmase mediante esta combinación:

artigo + MÁIS / MENOS + adxectivo + DE / ENTRE + 2º termo

  • a máis rápida das corredoras
  • a máis rápida do seu equipo
  • a máis rápida entre as corredoras
 
 
 

 

Formas especiais de comparativo e superlativo

Existen unhas formas especiais nun grupo de adxectivos, tanto para comparativo como para superlativo. Son as seguintes:

 Positivo Comparativo
Superlativo
 bo mellor óptimo
 malo peor
pésimo
 grande maior máximo
 pequeno menor
mínimo
 alto superior supremo
 baixo inferior
ínfimo
Icona iDevice

Actividades