O xénero e o número

O adxectivo ten o mesmo xénero e o mesmo número que o substantivo ao que modifica: é masculino ou feminino, singular ou plural segundo sexa o substantivo ao que se refire:
 alto un monte alto
 unha árbore alta
 uns rapaces altos
unhas rapazas altas

En canto ao xénero hai un grupo de adxectivos que teñen unha terminación para o masculino e outra para o feminino e outro grupo que non varía de forma nos dous xéneros:

 VARIABLES INVARIABLES
 MASCULINO FEMININO
MASCULINO
FEMININO
un animal doméstico
unha pomba doméstica
un animal salvaxe
unha fera salvaxe

 

Exemplos de adxectivos variables en canto ao xénero:
  • os que rematan en -O no masculino e en -A no feminino: doméstico / doméstica; alto / alta; xeitoso / xeitosa... 
  • os que rematan en -N no masculino: distinguimos varios grupos:
    • masculino en -ÁN / feminino en -Á: aldeán / aldeá; temperán / temperá; arousán / arousá...
    • masculino en -ÁN / feminino en -ANA: folgazán / folgazana; toleirán / toleirana...
    • masculino en -ÓN / feminino en -OA: campión / campioa; anfitrión / anfitrioa; anglosaxón / anglosaxoa...
    • masculino en -ÓN / feminino en -ONA: acusón / acusona; cabezón / cabezona; lambón / lambona... Nota
    • masculino en -ÍN / feminino en -INA: bailarín / bailarina; benxamín / benxamina; malandrín / malandrina... 
  • a maior parte dos que rematan en -R: aforrador / aforradora; antecesor / antecesora; animador / animadora... 
  • os xentilicios rematados en -S: santiagués / santiaguesa; pontevedrés / pontevedresa; chinés / chinesa...
  Exemplos de adxectivos invariables en canto ao xénero:
  • os rematados en -E: triste, grande, breve...
  • os rematados en -L: áxil, civil, útil... (exceptúase español / española)
  • os rematados en -Z: audaz, eficaz, feroz... (exceptúase andaluz / andaluza)
  • algúns dos rematados en -R: escolar, vulgar, exterior, bicolor...
  • parte dos rematados en -S: cortés, gris... e un grupo de adxectivos que indican calidades negativas, usados na lingua coloquial: badanas, chafallas, choromicas...

En canto ao número todos os adxectivos son variables, non sendo un grupo deles, rematados en -S, que indican calidades negativas e son usados na lingua coloquial (os mesmos que se citaron no apartado anterior): badanas, chafallas, choromicas... 

Icona iDevice

Actividades