Obxectivos e contidos

Icona iDevice

Obxectivos

Despois de rematar esta sección vas ser quen de:

  • Definir palabras tal como se definen nos dicionarios.
  • Describir un obxecto, por exemplo poderías describir unha casa que a túa familia quere vender.

 

Para iso previamente saberás:

  • Que é unha descrición.
  • Que son as descricións técnicas, onde aparecen e cal é a súa finalidade.
  • Que son as definicións e que diferenzas hai entre dicionarios e enciclopedias.
  • Como se definen os substantivos concretos.
  • Que é un hiperónimo.
  • Que é a descrición literaria, cales son as súas funcións e as súas características.
  • Que tipos de descrición hai segundo o obxecto da mesma.
  • Que diferenzas hai entre unha descrición obxectiva e unha descrición subxectiva.
  • Cal é o procedemento para elaborar unha descrición.

 


Índice de contidos

1. Características xerais da descrición.
  • Actividades de comprensión e expresión.
2. A descrición técnica.
  • Actividades de comprensión e expresión.
3. As definicións.
  • Actividade de comprensión da explicación.
4. Definicións de substantivos concretos.
  • Actividades prácticas.
5. Os hiperónimos.
  • Actividades prácticas.
6. A descrición literaria.
  • Actividades de comprensión e expresión.
7. Tipos de descrición.
  • Actividades prácticas.
8. Descricións obxectivas e subxectivas.
  • Actividades de comprensión e expresión.
9. Como elaborar unha descrición.
  • Actividade práctica final.