Ortografía: as conxuncións comparativas

As conxuncións comparativas COMO, COMA, CA, QUE e DO QUE úsanse de acordo coas normas seguintes:

 

Cando o segundo termo da comparación é un pronome persoal (min, ti, el, ela, nós, vós, eles, elas) úsanse as formas COMA ou CA
túa irmá non é tan larpeira coma ti
os do grupo do lado son máis barulleiros ca nós
Cando o segundo termo da comparación é unha oración (chega con que exista un verbo) úsanse as formas COMO ou DO QUE
a xente quedou tan contenta como agardabamos
a xente quedou máis contenta do que nós agardabamos
En todos os demais casos (cando o segundo termo é un substantivo, un adxectivo, unha frase) pódense usar as formas COMO ou COMA, CA ou QUE
 é máis dura que o aceiro
é máis dura ca o aceiro

 

Icona de iDevice Debes coñecer

CA e QUE son equivalentes só como conxuncións comparativas

as miñas opinións non son menos respectables ca as túas

as miñas opinións non son menos respectables que as túas

no caso anterior son posibles as dúas solucións porque se trata dun comparativo e o segundo termo non é un pronome persoal nin unha oración
 pero no seguinte só é posible a conxunción QUE porque non se trata dunha comparativa

pasouno tan mal que non quixo volver outra vez (indica unha consecuencia, non unha comparación)

dixonos que non volvería máis (é unha conxunción completiva)

 

Contraccións da conxunción CA e o artigo

A conxunción CA seguida dun artigo definido O, A, OS ou AS pode contraer ou non; calquera das dúas formas é correcta. Polo tanto podemos escribir:

 CA + O
ca o
este edificio é máis antigo ca o outro
  este edificio é máis antigo có outro
 CA + A
ca a
está o tempo máis frío ca a semana pasada
 cá está o tempo máis frío cá semana pasada
 CA + OS
ca os
este festival foi máis espectacular ca os de anos anteriores
 cós este festival foi máis espectacular cós de anos anteriores
 CA + AS
 ca as
esta sala é máis luminosa ca as do outro lado
 cás esta sala é máis luminosa cás do outro lado

 

As contraccións da conxunción CA só se poden producir co artigo definido (O, A, OS, AS), nunca co artigo indefinido (UN, UNHA, UNS, UNHAS)

  • podemos dicir vai máis rápida cá lebre ou vai máis rápida ca a lebre
  • pero só é posible vai máis rápida ca unha lebre.

Tampouco non se produce contracción da conxunción CA e a preposición A:

  • a ti resúltache máis doado ca a min.
Icona iDevice

Actividade