Os rexistros

As variedades contextuais ou rexistros son debidos a diversas causas; entre outras, ás seguintes:

  • a relación entre as persoas que falan: dúas persoas amigas falan entre si de xeito distinto a como o farían se estivesen entre xente descoñecida; se falamos na casa, cos nosos familiares directos, non o facemos igual ca se estamos na consulta do médico ou no despacho da directora.
  • o tema de que se fala: segundo sexa o tema usamos distintas palabras máis precisas ou máis xenéricas; se falamos dunha dor que temos no ventre diremos que nos doe a "barriga"; pola contra nunha lección de ciencias sobre o corpo humano falaremos de "abdome".
  • o uso da lingua oral ou da lingua escrita: esta adoita ser máis coidada e elaborada que a lingua oral, máis espontánea.

Tendo en conta estes e outros factores distinguimos dous rexistros:

Formal
Coloquial ou Informal
 Pronuncia máis coidada
Pronuncia máis espontánea, por exemplo con supresión de fonemas: en lugar de "para" úsase pa; en lugar de imos para adiante > imos pa diante.

Vocabulario preciso e variado

Uso de termos técnicos

Léxico menos variado.

Uso frecuente de frases feitas

Uso de palabras "comodín", é dicir, que adquiren diversos significados segundo o caso: cousa, chisme, aquelar...

 Pronunciación de acordo coa lingua común ou estándar
Pronunciacións e formas dialectais: seseo, formas rematadas en -ao en palabras como irmao etc.
 Emprégase nas clases, nos medios de comunicación, en moitos traballos etc.  Úsase nas conversas de familia e de amizade; en xeral, cando se fala con persoas de confianza e en grupos reducidos.

Lembra: debes saber alternar os dous rexistros segundo a situación na que esteas.

Icona iDevice

Actividade de lectura 1

Fun tamén violinista. Non, muller, non tocaba. Eu só amagaba nun anuncio de televisión. E ainda che cobrei bastante por non facer nada! Porque a min, a min o que me gusta é rascar a barriga. Aqui parezo moi aplicado pero eu, bah, se puidera non traballar. Traballar moito non é bo para o corpo. Dígocho eu. Pedín a baixa permanente pola urticaria e case me botan fóra da mutua por desvergonzado. Ai, que mal lle pareceu, que mal lle pareceu, non me quero acordar... Para que vira que son boa persoa expliqueille que era voluntario de Protección Civil. Vaia, só para o fútbol e para os concertos de verán. Pasas de balde! Ás veces dan un bocata e coñeces xente. Fuches ao concerto de Fito & Fitipaldis? Soldadito marinero, conociste a una sireeeeenaaaaa.
Rosa Aneiros: Ás de bolboreta (adaptación)

Despois de leres atentamente o texto anterior e anotares no teu caderno as palabras que non coñezas co seu significado, usando o dicionario, debes explicar se consideras que este texto é dun rexistro formal ou coloquial. No botón seguinte podes ver unha serie de preguntas que poden valerche de axuda para a resposta. Podes comezar por respondelas.


Icona iDevice

Actividade de lectura 2

"HOUBO entre os beduínos de Arabia un gran señor, un sayyid, que salientou pola súa bondade e pola súa xenerosidade. O home, que gobernaba a tribo dos Banû 'Amir, era respectado como un califa entre os seus. Malia a súa riqueza, non lograba ser feliz porque había algo do que se sentia privado: desexaba un filio herdeiro que perpetuase a súa estirpe. Logo de moitos rogos, Alá satisfixo o seu desexo cun precioso neno a quen chamou Quays.
O rapaz, fermoso como a lúa chea, medrou nun ambiente de luxo e comodidade. Gustáballe extraordinariamente o estudo e axiña se converteu nun dos mellores discípulos do seu mestre. A aprendizaxe era rápida e fecunda ata que algo máis poderoso que os libros absorbeu toda a súa atención. Ela chamábase Layla. Era unha rapariga esvelta coma un ciprés. Os seus ollos de gacela poderían traspasar mil corazóns cunha soa ollada e cun só pestanexo daria aniquilado a todo un exército. A sombra escura do pelo non agochaba a beleza dun rostro que irradiaba luz ata cegar aos mais escépticos espectadores. Quays e Layla namoraron perdidamente..."

Rosa Aneiros: Ás de bolboreta


1. Como clasificas este texto, no rexistro coloquial ou no formal?

2. Localiza expresións do texto que xustifiquen a túa resposta.

3. Poderías dar algunha equivalencia desas mesmas expresións no outro rexistro?

Se precisas axuda para comezar preme no botón seguinte.



Icona iDevice

Actividade

Unha característica do rexistro coloquial é a abundancia en frases feitas. Aquí tes dez desas expresións; serache doado relacionalas co seu significado.

Despois de realizar o exercicio, escolle cinco desas expresións e escribe un texto onde as utilices correctamente.