Que é un adxectivo e como se recoñece?

O adxectivo é unha das clases de palabras, xunto co substantivo, o pronome, o artigo, o verbo, o adverbio, a preposición e a conxunción.

Os adxectivos e os substantivos presentan características comúns e hai bastantes palabras que, dependendo do texto, ás veces son substantivos e ás veces adxectivos. Por iso dicimos que os substantivos e os adxectivos constitúen a clase dos nomes. Calquera adxectivo transfórmase en substantivo cando lle precede un artigo: en a cor azul, a palabra azul é un adxectivo; en gústame o azul, a mesma palabra é un substantivo.

Definimos o adxectivo como unha palabra variable (en xénero, número e grao) que expresa unha calidade do substantivo ao que se refire.

Por exemplo nas frases árbore alta ou piñeiros altos, dos substantivos "árbore" e "piñeiros" dise que teñen a calidade de seren "altos". Esa palabra, que ten as variacións alto, alta, altos e altas, é un adxectivo: modifica o substantivo e presenta variacións de xénero e número, aínda que non ten xénero e número propios: depende do substantivo ao que acompaña en cada caso. Así, mentres que árbore é sempre feminino e piñeiro sempre masculino, alto será feminino cando acompaña a un substantivo feminino e masculino en caso contrario.

Para axudarche a recoñecer nun texto os adxectivos debes ler con atención o seguinte esquema: 

Como recoñecer un adxectivo

 

Icona iDevice

Actividades