Lírica medieval

Na Idade Media desenvólvese a lírica trobadoresca galego-portuguesa durante un período que abrangue desde finais do século XII, data  dos textos conservados máis antigos, ata mediados do século XV.

As composicións denomínanse cantigas posto que estaban destinadas a ser cantadas con un acompañamento musical. As cantigas foron interpretadas nas cortes reais tanto do reino de Galicia e Portugal, como de Castela, Aragón e Navarra.

Na lírica trobadoresca pódense diferenciar tres tipos de cantigas:

  • Cantigas de amigo, de tema amoroso, baséanse na lírica popular de transmisión oral.
  • Cantigas de amor, cuxa temática é tamén amorosa, xorden pola influencia da lírica provenzal que se introduce a través do Camiño de Santiago.