PRINCIPAL

Saltar navegación

4- Exercicios: O texto dialectal.

ánfora grega con dous soldados loitando

loita, luita, luta ou lutia (en portugués: luta)

Os grupos latinos –ULT-, _UCT-, _OCT-, _ORI- na maior parte de Galicia resólvese en -oi-. A súa distribución é a seguinte:

 Falas orientais: a) OI: noite, oito, loita.

         b) UI: muito, truita, luita.

        c) U: truta, muto, luta, noute.

        d) mutio, trutia, lutia.

Centro-Sur de Pontevedra: a) noite, loita.

        b) muito, luita, truita.

        c) vasoura, couro.

Occidente de Coruña (área fisterrá): muito, truita, cuiro, uito, luita.     

1- Identifica

A terminación -án (peirán) é característica dun determinado bloque dialectal do galego. Identifica ese bloque e sinala outras tres características propias desa zona.

2- Actividade

Moito, catro, irmán son as solución escollidas pola norma.

Explica a súa distribución xeográfica e indica as outras variantes dialectais destas palabras.

3- Pescuda

Pregunta

Conforme as características salientadas, indica o bloque (e área, se procede) dos seguintes textos:

- Iste rapaz éche o demo; preghúntame: ¿colléchesme ti os calzós novos?.

Respostas

Central

occidental

Retroalimentación

Pregunta

- Non sei se il pensará ben o que di.

Respostas

central

occidental

Retroalimentación

Pregunta

- Xa che vin onte coa casadora de cuiro de teu irmán.

Respostas

central

occidental

Retroalimentación

Pregunta

Aqueles ninos tiñan muito mimo, pero tamén só tiñan cuatro anos e non tiñan irmaos.

Respostas

central

oriental

Retroalimentación

Pregunta

Ao dá-la lus vin unha sombra que me metiu medo.

Respostas

Bloque occidental, área bergantiñá

Bloque central, área tudense

Retroalimentación

Pregunta

No camín atopei tirado un paxarín; toqueino e inda estaba calente.

Respostas

Bloque oriental occidental

Bloque oriental (área máis oriental)

Retroalimentación

Pregunta

Mateiche a navallasos.

Respostas

área zamorana

área fisterrá

Retroalimentación

4- 1- Investiga o léxico dialectal

sabugueiro en flor

Pregunta 1

O "sambucus nigra" chámase en Arteixo "sabugueiro" e no Barco "bieiteiro".

localización Arteixo- O Barco

4- 2- Investiga o léxico dialectal

noces

Pregunta 1

En Quiroga fan tortas cos conchos e en Padrón coas noces.

4-3- Investiga o léxico dialectal

Inidica se son certas ou non as seguintes afirmacións.

Pregunta 1

Podemos mercar "xoubas" en Vigo e "parrochas" en Laxe.

Pregunta 2

As castañas pingan dos castiros en Guntín e no Courel, dos castiñeiros en Mazaricos e dos castañeiros en Manzaneda.

Pregunta 3

O golpe matou galiñas en Cangas e o raposo en Mondoñedo.

Pregunta 4

Os freganzos véndenos en Ferrol e os estropallos en Ourense.

Indica o bloque e área á que pertencen os seguintes textos

Pregunta

Cando era pequecho iamos sempre coas vacas a iso das nove da mañá. Ise si que era un traballo duro...A miña nai erguíanos cedo porque o primeiro era o primeiro e logo tiñamos que ir á escola. Saía e ceibaba os cas e tu sabes como se poñían, malia centella os collera... Logo de levar as vacas tiña que andar apurado e veña a correr... andar catro kilómetros ata a escola, levando na mao a carteira e a merenda....

Respostas

Retroalimentación

Pregunta

Pola mañán, ai ás catro da mañán lovantan; entonsese, leva sete ou uito horas en levantar o aparello todo, que son vinteatantos palanghres que ha que larghare, ou trinta, é cada palanghre leva sento sincuenta ou, sento, ou dousentos ansuélos. É muito tempo, que alcansa, o menos catro millas. Entonses, despois vense pa puerto, vaise botando o palanghre todo nas sestas, e preparalo, pa nuite volvere outra ves ó mar.

Respostas

Retroalimentación

Pregunta

E había , había muita xiada e pegháronselle os pes; e despois viu o sol e empezouse a derreter a xiada.

Pero faille un chisco de ghracia ¿Ti tamén eres tan sosa coma min!

E entón ela dixo, quedou asustada e dixo: Oh neve, ti tan forte eres, que derréte-lo sol, ¡no! Que derrete-la neve, que fai sombra....

Eu son tan forte que a pared me fai sombra

Oh parede ¿ti tan forte eres , que fas sombra ó sol, que derrete-la neve que o meu pé prende?

Respostas

Retroalimentación

Pregunta

O do contrabando si. Unha ves, unha ves con este, iara un irmán do Vitoriano que se chamaba Pedro, un rapás novo que iara corneta, e estaba aquí en Ghoian. I-entón, a Marugha do Correo marchara pra Vigho con o, a levar un contrabando, a do Correo; e díxolle así:

- Bueno Daría, tiès aquí un pouco de roupa pra acabar, e amais as túas empleadas, e vailla levar á tía Lucinda de Troncoso, iè vaslle levar iè, porque vai marchar pó Brasil.

Respostas

Retroalimentación

Pregunta

Si, xa aló polo mil novecentos trinta e dous foise a Madrí, grandes comisiois, fíxose mutos traballos, asta que se chegou a conseguir pra unha estación. Pero, naquel mediano tempo, nós confiados, igual eu cor demais, eu claro, eu era máis joven pero bueno, os outros viejos como lle tiñan malicia confiados pois, foron deixando, asta que despois en Covas, un pueblo que hai aiquí inmediato que, está a tres quilómetros, ese é da provincia de Orense, pois empezaron a traballar, iè un gran señor, pois aló lle conseguiu unha estación.

Respostas

Retroalimentación