PRINCIPAL

Saltar navegación

Bloques e áreas dialectais

palabras dialectais

Os habitantes dunha mesma localidade ou rexión poden desenvolver ó longo do tempo modos lingüísticos particulares (variedades diatópicas: falares ou dialectos xeográficos), que conforman unha variante diatópica da lingua. Eses modos ou falares lingüísticos particulares son resultado de distintos factores. Entre eses factores están:

  • A influencia das linguas de substrato e superestrato (prerromanas, célticas, suevo...).

  • A evolución do propio sistema: ó haber unha ausencia de contacto con outras comunidades que empreguen a mesma lingua -por mor de dificultades xeográficas, falta de contacto, migracións...- poden aparecer co tempo solucións fonéticas e/ou morfolóxicas diferentes.

Caracterización da división dialectal do galego:

A unidade do galego vivo é moi grande, polo que non se pode falar de dialectos (entre outras cousas, porque os falantes non teñen conciencia de tal); é máis exacto falar de áreas lingüísticas con rasgos de seu fronte ás falas veciñas.

A dialectoloxía galega, grazas ós estudos realizados nas últimas décadas, distingue tres variantes diatópicas e divide o territorio de fala galega en tres grandes bloques dialectais, con varias áreas dentro de cada un:

Esquema bloques dialectais