Saltar navegación

Actividades I

Poboación e poboamento en Galicia

Desde a década dos 90 do século XX, Galicia lidera as comunidades autónomas de España que maior perda de poboación natural (diferenza entre nacidos e falecidos) tiveron neste último cuarto de século. A iso hai que sumar a perda de poboación migratoria, cun maior número de emigrantes que inmigrantes. Como consecuencia o saldo vexetativo (natalidade menos mortalidade) e o saldo migratorio (inmigrantes menos emigrantes) son negativos na nosa comunidade. Pica aquí é verás datos actuais desta situación. Tamén podes consultar este artigo do xornal La Voz de Galicia.

Esta caída demográfica vai unida a un fenómeno que agrava o despoboamento galego: case o 70% da poboación nace en só o 10% do territorio, destacando as sete cidades galegas máis Narón, Ames ou Arteixo como os municipios con maior natalidade. Comarcas como as de Vigo, A Coruña, Santiago ou Ferrol lideran as comarcas galegas con máis nacementos, seguidas de Ourense, Pontevedra, Lugo, O Salnés, O Morrazo, Barbanza, Bergantiños, O Baixo Miño, O Condado e Ordes. No lado oposto destacan con menos nacidos as comarcas de Terra de Caldelas, A Fonsagrada, Baixa Limia, Terra de Trives, Meira, Viana, Quiroga, Os Ancares, A Ulloa, Chantada, Allariz-Maceda, Terra de Celanova, A Paradanta e O Ribeiro.

Busca un mapa de Galicia dividido por comarcas e colorea dunha cor as que teñan máis nacementos e con outra cor distinta as que teñen menos nacidos. Hai algún ecotopónimo entre os nomes das comarcas que coloreaches?. E algún haxiotopónimo?

Reflexión

Decenas de aldeas galegas desaparecen vítimas do abandono e da cada vez máis envellecida poboación que as habita. Como inflúe este despoboamento do territorio galego na toponimia de cada concello galego?

Estudo de caso

Aldea no Carballiño, Ourense Vivendas no Irixo, Ourense

A partir das imaxes que aparecen nesta actividade, debes aportar tres razóns que provoquen a situación de despoboamento e abandono de aldeas, sobre todo no interior de Galicia, e tres medidas que se poderían tomar para impedir que esta situación vaia a máis e así evitar, entre outras consecuencias, a perda da toponimia de cada un destes territorios.

Actividade de encher espazos

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

Os topónimos relativos ao espazo que habita o ser humano son os ecotopónimos, os odotopónimos, os haxiotopónimos e os . Os fan referencia a construcións; os   sinálannos lugares que teñen que ver con camiños ou vías de comunicación; os haxiotopónimos son lugares que se relacionan con nomes de e , é dicir teñen un motivo relixioso; pola súa parte, os fan referencia aos nomes de lugar relativos a actividades agropecuarias, sendo estas as actividades relacionadas co mundo da e a .

Habilitar JavaScript

Debes buscar no seguinte mapa dez topónimos relacionados con algún dos seguintes tipos: ecotopónimos; odotopónimos e haxiotopónimos. Sabes a que concellos pertencen os topónimos que acabas de atopar?. En que provincia galega se atopan?

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Sinala se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas

Pregunta 1

A Cruz, Ponteareas, Pontevedra  Este topónimo corresponde ao tipo odotopónimo

Pregunta 2

Sanxenxo, Pontevedra Este nome dun concello da provincia de Pontevedra é un odotopónimo

Pregunta 3

O Campo das Bestas, Gondomar, Pontevedra  Pousada é un ecotopónimo e O Campo das Bestas un agrotopónimo

A toponimia fai referencia en moitos lugares a algún tipo de construción que tivo importancia nese territorio. Adiviña a que tipo de construción fan referencia os seguintes ecotopónimos.

Cabanelas, O Carballiño, Ourense Castelo, Ames, A Coruña O Mosteiro, Meis, Pontevedra
Paredes, Valga, Pontevedra Vilalonga, Sanxenxo, Pontevedra O Casar, O Carballiño, Ourense

Coa axuda da lupa, escolle aqueles topónimos que aparecen no mapa e sexan relativos ao tipo agrotopónimos. Investiga a que comarca galega pertencen os concellos onde están situados estes lugares. De que provincia falamos?

Á caza do ecotopónimo

Pregunta

Cal dos topónimos que aparecen na imaxe é un ecotopónimo?

Topónimos, Nigrán, Pontevedra

Respostas

O Quinteiro

Sancho

Paraviñaval

O Rial

Retroalimentación

Separa por tipo de topónimo, segundo sexan odotopónimos, agrotopónimos ou haxitotopónimos os nomes de lugar que aparecen nesta actividade.

San Bieito, Portas, Pontevedra Rúa, Ames, A Coruña Santa Mariña, Mazaricos, A Coruña
A Herdadiña, Lobios, Ourense San Roque, Nigrán, Pontevedra