Saltar navegación

As fervenzas

Fervenzas

As fervenzas, cachoeiras, seimeiras, cadoiros... son accidentes xeográficos comúns en Galicia por darse as condicións para iso: terreo sinuoso e moita auga. A toponimia, como espello que é dun territorio, non permanece allea a este fenómeno e en varios dos 314 concellos de Galicia temos topónimos que reflicten esta realidade. Os máis frecuentes A Fervenza  e O Cachón.

Mira o vídeo que che propoñemos a continuación, só tes que premer na foto. Nel, ademais de mellorar o teu inglés, poderás gozar das imaxes de fermosas fervenzas de Galicia. Logo de visionalo intenta buscar nun mapa os ríos que as forman e di onde nacen, onde desembocan e que concellos de Galicia atravesan.

No vídeo, verás que se comeza cunha definición de fervenza, intenta trasnscribila (writing)