Saltar navegación

Obxectivos e contidos

Obxectivos

-Concienciar ao alumnado da importancia da conservación dos topónimos.

-Traballar tanto a expresión como a produción oral e escrita (destrezas básicas) en lingua galega.

-Compoñer textos descritivos e expositivos en lingua galega.

-Familiarizarse cos procedementos de formación de palabras na lingua galega .

-Aproximar ao alumno/a á interpretación da toponimia, de forma que poida desenvolver unha actitude crítica con respecto ao contorno que o rodea.

-Identificar os diferentes tipos de poboamento humano e as súas características, a partir das informacións escritas, cartográficas e gráficas en relación á toponimia dunha determinada zona.

-Identificar, localizar e comprender as características básicas da diversidade xeográfica de Galicia, dos trazos físicos e humanos, a partir da toponimia.

Contidos

-Achegamento aos  xéneros textuais: descrición e exposición.

-A coherencia e a cohesión. Composición de parágrafos e o avance da información.

-Procedementos lingüísticos para a formación de palabras: derivación e composición.

-Ampliación léxica de campos semánticos tales como flora, fauna e accidentes xeográficos.

-Observación e identificación das principais paisaxes xeográficas derivadas da actividade humana.

-O poboamento galego: transformación das formas tradicionais e novo sistema urbano a partir do estudo toponímico de cada territorio.

-A diversidade toponímica de Galicia: As aldeas/ as parroquias/ as vilas/ as áreas urbanas.