Saltar navegación

Para sabermos máis...

Liñares fai referencia a unha planta que tivo un cultivo importante en Galicia no século XVIII: o liño. Da planta do liño, tras un proceso de mazado e fiado, extraíase unha prezada fibra téxtil que da lugar a un tecido do mesmo nome. Non terás ti ningunha peza de roupa de liño?

Non é tan corrente a aparición doutras plantas, coma o tomiño, planta aromática e tamén con usos medicinais que se utiliza para adubiar as comidas. Sabes ti o nome doutras plantas aromáticas?

E se hai unha árbore antiga característica de Galicia, esta probablemente é o castiñeiro (co permiso do carballo),  polo que os topónimos relacionados con ela son moi abundantes. Eis un topónimo que designa o colectivo, é dicir, o lugar poboado de castiñeiros. Do seu aproveitamento para a agricultura e gandería de Galicia, infórmate aquí.