Saltar navegación

Para sabermos máis...


Os lagos e as lagoas están moi presentes na toponimia galega como exemplos de augas estancadas, ao igual ca outras formas de menor dimensión coma pozos e pozas. Precisamente relacionados con estes últimos temos en Galicia un feixe de lendas, como a da Poza da Moura, en Domaio (Moaña, Pontevedra)

Os mananciais e as nacentes de auga teñen igualmente presenza moi importante. especialmente as fontes e todos os seus derivados, coma neste caso do concello de Baiona. De todos os mananciais que hai en Galicia, quizais un dos máis coñecidos é o Pedregal de Irimia, inicio do "pai Miño".