Saltar navegación

Para sabermos máis...

Os animais máis comúns ou característicos da fauna galega aparecen tamén representados na nosa toponimia. Entre eles destacaremos as aves, como neste coñecido concello da provincia da Coruña, que fai honor a unha ave zancuda, protagonista ademais dunha moi coñecida cantiga popular: "Pico, pico, mazarico" 

Do mesmo xeito, tamén os mamíferos fan acto de presenza en moitas ocasións. Algúns da fauna doméstica coma cabras, porcos, cabalos...e noutras moitas ocasións trátase de lobos e raposos, dous animais míticos da fauna galega que aparecen en moitas das nosas lendas. Aquí tedes Matalobos, na Estrada (Pontevedra)