Saltar navegación

Para sabermos máis...

 

Se hai un haxiotopónimo moi coñecido, este sen dúbida é Santiago de Compostela, nome da capital de Galicia. Ata alí chega o Camiño de Santiago, vía de peregrinación que se abriu na Idade Media e pola que entraron múltiples influencias culturais europeas ata Galicia. 

Cando definimos os antrotopónimos dixemos que en ocasións os topónimos gardaban relación ou tiñan a súa orixe nos apelidos dalgunha persoa. Sen dúbida un dos exemplos máis coñecidos é o de Vilagarcía de Arousa. Mira cal é a historia deste topónimo e quen era este tal  García.

E entre os antrotopónimos tamén temos os que fan referencia a alcumes ou cualificativos. Aquí che achegamos o exemplo de As Galanas, no concello de Teo (A Coruña) Quen serían estas "galanas"?