Saltar navegación

Para sabermos máis...

 


Se hai unha construción que tivo moita importancia na vida agrícola de Galicia nos séculos XIX e primeira metade do XX eses son os muíños. Ao redor deles desenvolvíase moita vida, pois alí moíase o gran para obter fariña. Das moitas horas pasadas nos muíños dá testemuño a literatura oral popular galega e os seus cantares de muíño.

Fíxate neste BATÁN (Meis, Pontevedra). Sabes o que é un batán? Un aparello artesanal movido pola auga que se utiliza para bater o tecido mollado. Estes aparellos xa están en desuso, pero quedan algúns moi ben conservados. Mostrámosche os Batáns do Mosquetín (Vimianzo, A Coruña).