Saltar navegación

Que é un topónimo?

Denominamos topónimo a un NOME DE LUGAR  que designa un ámbito espacial individualizable e que por tanto nos axuda a localizalo nunha paisaxe ou mapa.   Os nomes de lugar poden designar entidades de poboación, por exemplo cidades, vilas, aldeas ... e falariamos entón de toponimia maior;  ou ben poden designar o nome doutros lugares coma leiras, muíños, covas... e nese caso fálase de microtopónimos.

Como veremos a continuación, existen varios tipos de topónimos; pero o que todos teñen en común é que constitúen un patrimonio lingüístico e cultural de moita importancia para un país, ao tempo que recollen a historia e forman parte da memoria colectiva dun pobo.