Saltar navegación

Tipos de topónimos

Existen varias clasificacións dos topónimos, pero nós imos manexar neste traballo aquela que os clasifica atendendo ao seu significado, é dicir unha clasificación semántica. Segundo esta, os topónimos poden ser:

-FITOTOPÓNIMOS: fan referencia ás árbores, matogueiras, plantas...

-ZOOTOPÓNIMOS: fan referencia aos animais

-HIDROTOPÓNIMOS: teñen na súa base o concepto de auga e refírense polo tanto a fontes, mananciais, ríos, lagos...

-OROTOPÓNIMOS: teñen que ver coa orografía ou disposición do terreo (altos, depresións, zonas chas...)

-LITOTOPÓNIMOS: aluden a todo aquilo que ten que ver coa pedra (pedras de distintas formas e tamaños, grupos de pedras...)

-AGROTOPÓNIMOS: están relacionadas co mundo agrícola e coas actividades que se desenvolven nel

-ECOTOPÓNIMOS: fan referencia ás construcións artificiais (grupos de casas, igrexas...) ou naturais (por exemplo: feitas por animais)

-ODOTOPÓNIMOS: relacionados coas vías de comunicación (vías, camiños, corredoiras...)

-HAXIOTOPÓNIMOS: baseados nos nomes de santos e santas

-ANTROTOPÓNIMOS: relacionados con nomes de persoa