As far as harware components for augmented reality are concerned they usually comprise processor, display, sensors and input devices. Nowadays, modern mobile devices such as smartphones o tablets provide these elements, in other words, contain a good quality camera, accelerometer, Global Positioning System (GPS) and a solid state compass, making them really suitable Augmented Reality platforms.
Hardware
O hardware para realidade aumentada estaría composto por: procesador, monitor, sensores e dispositivos de entrada.
Conceptos básicos
Acelerómetro: É un instrumento destinado a medir as aceleracións dun corpo asociado sempre co seu peso ou masa.
Global Positioning System ou GPS: É un sistema que se serve de aproximadamente uns 24 satélites para determinar con bastante precisión a posición dun obxecto en toda a Terra. Utiliza a chamada triangulación ou trilateración.
Os compases ofrecen datos fiables ao procesador.
Displays
Displays na cabeza
Os displays na cabeza como os Head-Mounted Display (HMD), son dispositivos para ser montados na fronte do observador, a modo de casco. Tamén existen as lentes de realidade aumentada ou eyeglasses.
Estes elementos aliñan a información real e virtual, sincronizándoa cos movementos da cabeza do suxeito.
Máis sosfisticados aínda, e aínda en período de desenvolvemento e investigación, son as lentes de contacto de realidade aumentada (contact lenses), ou mesmo os dispositivos que se inseren na propia retina do espectador, xa que ofrecen a posibilidade de experimentar a realidade aumentada sen que ninguén note que levamos ningún dispositivo posto.
