Concello de Valdoviño pretende ofertar unha ruta turística na zona da lagoa da Frouxeira. Unha ruta na que o visitante poida coñecer as principais características desta fermosa paisaxe. E o máis importante é que os responsables locais queren esta proposta sexa elaborada integramente polo alumnado do noso Centro.

Unha ruta que, unha vez elaborada, despregarase nunha App para móbil, a modo de caderno dixital de campo, con toda a información que nos, coa axuda das nosas mestras e mestres, elaboremos sobre esta marabillosa paisaxe.

E, finalmente, e non menos importante, será o propio alumnado quen dirixirá as saídas, exercendo de guías cualificados. Os mellores guías posibles para que nos axuden a desvelar os segredos deste recuncho da costa galega.