Saltar navegación

INTRODUCIÓN

Neste recurso presentamos dous vídeos relacionados coa enerxía: no primeiro aprenderemos como montar un circuíto eléctrico básico; no segundo vídeo propoñemos construír un forno solar para aproveitar a enerxía do Sol. Convidámosche a navegar polas seguintes páxinas para afondar un pouco máis no tema da enerxía. Cuestións como o elevado consumo de enerxía e o incremento do uso de fontes de enerxía renovables no canto dos combustibles fósiles, son moi importantes para a sociedade actual e futura.

Lámpada acendida
Pilar Barros e Susana Camiña. A enerxía (CC BY-SA)

Anímate a navegar por este recurso. Fíxate no menú que tes á esquerda da pantalla e avanza por el a través das frechas que tes á dereita. Desfruta cos experimentos! 

Obxectivos

A través deste recurso vas poder acadar os seguintes obxectivos:

  • Comprender como se orixina a electricidade e cales son as súas propiedades.
  • Construír un circuíto eléctrico.
  • Comprender as diferentes formas de enerxía e onde podemos obtela.
  • Afondar nas consecuencias do consumo de enerxía para o medio natural e como reducir estes prexuízos.
  • Comprobar o que aprendiches por medio dunha autoavaliación.
  • Practicar a navegación por un recurso dixital e mediante enlaces pola rede.