Saltar navegación

INTRODUCIÓN

 

Rodéanos, necesitámolo para vivir, sabemos que está aí... e ata o podemos sentir ás veces rozando con forza a nosa pel. Que sabes acerca do aire? De que está composto? Por que nos é tan necesario? Cales son as súas características?... Convidámosche a experimentar connosco as propiedades do aire e coñecer un pouco máis este elemento e como afecta ás nosas vidas. 

Ceo con papaventos
Ceo con papaventos (CC BY-SA)

Para poder navegar por este recurso, simplemente tes que fixarte no menú que tes á esquerda e ir avanzando por el a través das frechas que tes á dereita.

Obxectivos

Partindo de dous experimentos imos acadar os seguintes obxectivos:

  • Coñecer a composición do aire.
  • Aprender como as propiedades do aire inflúen na nosa vida cotiá.
  • Comprender o que sucede no transcurso dunha combustión.
  • Asimilar en que consiste a presión atmosférica e como afecta aos corpos.
  • Interpretar algún dos elementos que aparecen nos mapas do tempo.
  • Aprender a navegar por un recurso dixital e a través de enlaces pola rede.
  • Comprobar o nivel de comprensión dos conceptos por medio dunha autoavaliación.