Saltar navegación

INTRODUCIÓN

Se observamos os obxectos que temos enriba do pupitre cando estamos a traballar no colexio, comprobamos que son moi diferentes: o lapis é ríxido, pero podémolo afiar, a goma é flexible e podemos dobrala... O que fai que estes obxectos sexan diferentes depende do material do que están feitos. Cada materia ten unhas propiedades diferentes. A través deste recurso poderás comprender mellor as diferentes propiedades da materia. Goza cos experimentos!

Fíxate no menú que tes á esquerda da pantalla e vai avanzando nel a través das frechas  ubicadas na marxe superior dereita.

A densidade
Pilar Barros e Susana Camiña. A densidade (CC BY-SA)

             

Obxectivos

Partindo de dous experimentos imos acadar os seguintes obxectivos:

  • Diferenciar entre as propiedades xerais e específicas da materia.
  • Afondar no concepto de densidade.
  • Coñecer a composición da auga.
  • Comprender en que consiste a tensión superficial da auga.
  • Practicar a navegación por un recurso dixital e a través de enlaces pola rede.
  • Comprobar un mesmo o nivel de aprendizaxe dos conceptos por medio dunha autoavaliación.