Saltar navegación

UDI 1. Preparativos da viaxe

Lembrando

Que lembras sobre o que fixestes o curso pasado en Música?

 (Traballa en grupos de 3 cos teus compañeiros e compañeiras e comentádeo a modo de choiva de ideas.)

As calidades do son

Cando un obxecto vibra, o teu corpo ten unha reacción: o teu tímpano recibe esa vibración e a transmite ao teu cerebro. Iso é un son.


O mundo, como podedes comprobar, está cheo deles.


Cada un deses sons ten unhas calidades que os fan únicos. Imos coñecelas:

  • A duración: un son pode durar un segundo ou un minuto: largo ou curto.

  • A intensidade: un son pode asustarte ou case non percibilo: forte ou suave.

  • O timbre: depende de que obxecto produza o son: animal, persoa, instrumento, etc.

  • A altura: depende do número de vibracións do obxecto sonoro: grave e agudo.


Todas estas calidades axudarannos a entender como está feita a música.

Para comprobar que o entendestes, podedes facer o exercicio que segue.

Actividade das calidades do son

Le e completa:

dos obxectos é a que se transforma en son. Estes sons son diferentes polas súas 



  Este son é un son  (segundo a altura), un son largo (segundo a  ), un son  (segundo a intensidade) e un acordeón (segundo o  ).



Estes sons    van do  ao  .



Estes sons   diferéncianse polo seu  .



Segundo a intensidade,   o primeiro son é máis  que o segundo.

 

Habilitar JavaScript

As figuras e os silencios

Para representar os sons na música, empregamos uns signos que se chaman figuras.

Estas son as figuras coas que imos traballar:




Cando non hai sons, os signos empregados son os silencios:

 



Matices. Tempo. Carácter.

Hai indicacións nas partituras que nos indican cal é a intensidade coa que debemos interpretalas. Coas que imos traballar son:

 


Para saber a que velocidade temos que interpretar unha canción, hai outra serie de termos:

 



Non todas as cancións se interpretan da mesma maneira: unhas son máis alegres, outras son para bailar, outras son para durmir, etc. Usamos termos que nos axudan a marcar ese carácter:




A escala. Ton e semitón.

A escala é un conxunto de notas ordenadas ascendente ou descendentemente.


Existen diferentes tipos de escalas, pero a máis habitual é a que está formada por sete sons consecutivos.


A que todos coñecemos a escala de Do Maior? Repasámola?





Un ton é a maior distancia que hai entre dous sons, mentres que o semitón é a distancia máis pequena.

 

Un ton está formado por dous semitóns.



Na escala de Do Maior as distancias entre os sons son as seguintes:



Imos escoitar os seguintes audios para distinguir un ton e un semitón:


Ton       


Semitón  

O repaso

Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:

Pregunta 1

1. Dolce significa alegre

Pregunta 2

2. Allegro é unha indicación de tempo

Pregunta 3

3. Un semitón está formado por dous tons

Pregunta 4

4. Unha negra está formada por dúas semicorcheas

Pregunta 5

5. O idioma que se emprega para os termos de dinámica é o francés

Pregunta 6

6. mp significa medio suave

Pregunta 7

7. Vivo nos indica tranquilo

Pregunta 8

8. Giocosso é un termo de carácter

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0