O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

Congresos

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 06/09/2012

    Abalar: Congreso “Contenidos Educativos Digitales” - Solicitude para asistir

    Os días 4, 5 e 6 de outubro terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Mérida o Congreso “Contenidos Educativos Digitales”, que ten como principal obxectivo presentar e analizar diferentes modelos de desenvolvemento, distribución e utilización de contidos educativos dixitais. 

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 07/05/2012

    Abalar: Congreso “Contenidos Educativos Digitales”

    Os días 4, 5 e 6 de outubro terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Mérida o Congreso “Contenidos Educativos Digitales”, que ten como principal obxectivo presentar e analizar diferentes modelos de desenvolvemento, distribución e utilización de contidos educativos dixitais.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 13/04/2012

    Xunta de Galicia: Celebrada a xornada do Congreso Formación e competencias na nova sociedade dedicada ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a atraer de forma masiva a estudantes e docentes á Mostra do Ensino 2012, á que asistiron este xoves como público 45 colexios de toda Galicia. Todos eles participaron activamente nas actividades e obradoiros que se están a desenvolver tanto na aula Abalar, como na de emprendemento e nos stands de Formación Profesional no marco deste evento, que se desenvolve en EXPOCoruña.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 28/03/2012

    Xunta de Galicia: O Congreso Formación e competencias na nova sociedade dedica unha xornada ás Tecnoloxías da información e da comunicación

    Coincidindo coa Mostra do Ensino Galicia 2012, que se celebrará no recinto de ExpoCoruña entre os días 11 e 14 de abril, terá lugar o Congreso Formación e competencias na nova sociedade, dirixido ao profesorado e aos profesionais do ámbito empresarial, no que se abordarán os novos retos e as innovacións nas áreas de Formación Profesional, das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, de Idiomas, e da Diversidade e familia.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 05/10/2011

    Xunta de Galicia: III Congreso Escuela 2.0

    Entre os días 6 e 8 de outubro celebrarase en Granada o III Congreso Escuela 2.0. A finalidade deste congreso é “realizar un balance e unha avaliación do desenvolvemento do programa nos dous cursos que leva funcionando, valorar o impacto do mesmo no proceso de modernización do sistema educativo e proporcionar un marco de encontro ao profesorado e responsables das administracións educativas participantes no mesmo”.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 16/06/2011

    Xunta de Galicia: III Congreso Escuela 2.0

    O Ministerio de Educación organiza os días 6, 7 e 8 de outubro de 2011 o III Congreso Escuela 2.0 que se celebrará no “Palacio de Exposiciones y Congresos” de Granada.
     
  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 12/04/2011

    Xunta de Galicia: Os centros educativos galegos presentan as mellores experiencias no congreso Escuela 2.0 de Zaragoza

    Entre os días 13 e 15 de abril celebrarase en Zaragoza o II Congreso Escuela 2.0. A finalidade deste congreso é promocionar a comunicación entre o profesorado participante no programa Escuela 2.0 e difundir as experiencias que se están realizando nas distintas comunidades autónomas.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 28/02/2011

    Xunta de Galicia: II Congreso Escuela 2.0

    O Ministerio de Educación dentro do compromiso da oferta de actividades de formación do Proyecto Escuela 2.0 organiza o II Congreso Escuela 2.0. Este congreso celebrarase os días 13, 14 e 15 de abril no Palacio de Congresos Expoaragón (Zaragoza).

    No marco deste congreso ofrecese ás Comunidades Autónomas a posibilidade de presentar as mellores experiencias do programa Escuela 2.0., experiencias que na nosa comunidade enmárcanse dentro do Proxecto Abalar.