O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

Formación

  • Formacion
    NOVA DE ACTUALIDADE 19/10/2015

    Formacion: Aberto o prazo de matrícula para a formación do programa E-DIXGAL

    Está aberto o prazo de matrícula dos cursos para a formación do proxecto E-DIXGAL, o proxecto da implantación do libro dixital nos centros educativos galegos.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 18/09/2013

    Xunta de Galicia: Seminario de Formación: “Os menores e o uso seguro das redes sociais”

    O Centro Demostrador TIC acollerá o vindeiro 26 de setembro un taller formativo sobre “Os menores e o uso seguro das redes sociais” organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 25/02/2013

    Abalar: Novo prazo de solicitude para o Plan Navega con Rumbo

    O Plan Navega con Rumbo é unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais. Asi mesmo, pretende a implicación do profesorado e das familias neste proceso, facéndoos partícipes destas recomendacións.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 18/12/2012

    Abalar: Continúan abertos os cuestionarios para determinar a competencia dixital do profesorado

    O pasado mes de xuño habilitáronse os cuestionarios do itinerario formativo de competencia dixital docente no seu formato actual con cinco niveis. Dende entón, máis de 3.000 persoas cubriron uns 11.000 cuestionarios. Estas consultas son unha ferramenta de autoavaliación para facilitar ao profesorado un coñecemento o máis aproximado posible da formación que necesita para unha mellor integración das TIC na docencia.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 09/10/2012

    Abalar: III Edición do Plan Navega con Rumbo

    O Plan Navega con Rumbo é unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais. Asi mesmo, pretende a implicación do profesorado e das familias neste proceso, facéndoos partícipes destas recomendacións.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 07/09/2012

    Abalar: Formación do profesorado de aulas Abalar no curso 2012/13

    A finais do mes de setembro comezarán as accións formativas destinadas ao profesorado de aulas Abalar que, ao igual que en cursos anteriores, inclúe actividades en centros e cursos presenciais e a distancia onde ten preferencia na admisión o persoal dos centros Abalar.

    Na páxina http://www.edu.xunta.es/web/formacionAbalar pode verse información máis ampla sobre estas actividades formativas.
  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 29/06/2012

    Abalar: Publicado o itinerario de competencia TIC docente

    Coa finalidade de seguir a impulsar a integración das TIC no ensino galego, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición do profesorado un itinerario formativo de competencia dixital para a docencia.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 13/04/2012

    Xunta de Galicia: Celebrada a xornada do Congreso Formación e competencias na nova sociedade dedicada ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a atraer de forma masiva a estudantes e docentes á Mostra do Ensino 2012, á que asistiron este xoves como público 45 colexios de toda Galicia. Todos eles participaron activamente nas actividades e obradoiros que se están a desenvolver tanto na aula Abalar, como na de emprendemento e nos stands de Formación Profesional no marco deste evento, que se desenvolve en EXPOCoruña.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 13/04/2012

    Xunta de Galicia: A Consellería de Cultura e Educación formou xa a preto de 11.000 docentes no uso das TIC ao abeiro do proxecto Abalar

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten formado xa a preto de 11.000 docentes – coordinadores e profesores implicados- no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no marco do plan de formación do Proxecto Abalar, polo que se están a transformar os centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 28/03/2012

    Xunta de Galicia: O Congreso Formación e competencias na nova sociedade dedica unha xornada ás Tecnoloxías da información e da comunicación

    Coincidindo coa Mostra do Ensino Galicia 2012, que se celebrará no recinto de ExpoCoruña entre os días 11 e 14 de abril, terá lugar o Congreso Formación e competencias na nova sociedade, dirixido ao profesorado e aos profesionais do ámbito empresarial, no que se abordarán os novos retos e as innovacións nas áreas de Formación Profesional, das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, de Idiomas, e da Diversidade e familia.

  • Abalar
    ACTUALIDADE DO PROXECTO 14/09/2011

    Abalar: Formación do profesorado Abalar no curso 2011/12

    O plan de formación de centros da rede Abalar porase en marcha entre finais de setembro e principios de outubro diferenciando en todo caso, a formación que recibirán os centros que entraron no proxecto neste curso escolar e os que xa pertencían á rede no curso pasado.

  • Xunta de Galicia
    NOVA DE ACTUALIDADE 01/09/2011

    Xunta de Galicia: II Edición do Plan Navega con Rumbo

    Ábrese un novo prazo de solicitudes para participar na segunda edición do "Plan Navega con Rumbo”, unha iniciativa promovida desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dentro do Proxecto Abalar da Xunta de Galicia, dirixida a todos os centros públicos da Rede Abalar e que non participaron na primeira edición.
     
    Os centros públicos Abalar interesados nunha destas charlas informativas, deberán remitir un correo electrónico á dirección abalar.navegaconrumbo@edu.xunta.es antes do mércores 7 de setembro indicando o seu interese en participar neste Plan. Desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria facilitarémoslle ao Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) o seu contacto e serán eles quenes se porán en contacto co seu centro para ultimar os detalles.