ACTUALIDADE DO PROXECTO
09/06/2011
Coa intención de ofrecer ao profesorado documentación, titoriais e enderezos de interese respecto á creación de contidos educativos dixitais, a súa difusión e reusabilidade, ábrese un espazo temático onde atoparedes información sobre formatos dixitais, ferramentas de creación, dereitos de autor e dereito de cita, ferramentas de empaquetado e catalogación de obxectos dixitais educativos, normas de accesibilidade e repositorios de recursos.