Novas da Rede

XXI concurso de cociña e coctalaría José Rodríguez-Moldes Rey

O pasado 5 de marzo de 2020 celebrouse a XXI edición do certame de cociña e coctalaría José Rodríguez-Moldes Rey, no IES Fraga do Eume de Pontedeume.

No apartado de cociña, o alumnado tivo que preparar un prato tradicional de croquetas de xamón e un prato creativo coas ás de polo como ingrediente principal.

Na modalidade de coctalaría, as persoas participantes prepararon un cóctel clásico e un combinado creativo utilizando Pisco Barsol, de uva Quebranta e zume de laranxa da marca Garnini.

Ademais, desde fai varios anos celébrase simultaneamente un concurso de creación de carteis para anunciar o evento, no cal están invitados a participar os centros con ensinanzas de artes gráficas e artísticas.

A relación de gañadores do certame é a seguinte:

Concurso de cociña

  • 1º Premio: IES Sanxillao
    Jorge Rey Rivera e Daniel Fernández Quintas, cos pratos Croquetas de xamón e Pito e millo
  • 2º Premio: CIFP Paseo das Pontes
    Antonio Tacón Oubele e Daniel López Blanco, cos pratos Croquetas de xamón e Ás do campo

Concurso de coctalaría creativa

  • 1º Premio: IES de Vilamarín
    Paula Ferrer Acuña
  • 2º Premio: CIFP Compostela
    Diego Fernández Martínez

Concurso de coctalaría clásica

  • 1º Premio (compartido): IES de Foz
    Marcía Andreia Miranda Araújo
  • 1º Premio (compartido): IES Fraga do Eume
    Bruno Landrove Gómez

Concurso de carteis

  • 1º Premio: IES Leixa
    Jonathan Nogueira Aragunde