Admisión a cursos de especialización de FP. Curso 2021/2022

No vindeiro curso 2021-2022 ofertaranse por segunda vez en Galicia cursos de especialización de formación profesional.

Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.

Deberase cubrir unha única solicitude na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. O impreso cuberto acompañado da documentación complementaria que corresponda, entregarase, preferentemente, no centro de primeira opción onde se oferte o curso de especialización para o que solicita admisión ou en calquera centro de Galicia con oferta de cursos de especialización sostida con fondos públicos.

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual.

As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.

Información e documentación

Listaxes do procedemento de admisión

  • Listaxe provisional de solicitudes
  • Listaxe definitiva de solicitudes
  • Adxudicación de prazas

A matrícula ou a renuncia deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. A renuncia a unha praza adxudicada realízase para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia dentro dos cursos de especialización. As persoas con praza adxudicada nun curso de especialización son excluídas do resto dos procesos de admisión de formación profesional.

Para realizar a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada dun curso de especialización empregarase o seguinte modelo:

  • Modelo de documento en formato PDF

Adxudicación continuada. No caso de que algunha persoa con praza adxudicada renuncie a ela ou non se matricule durante o período establecido e nese curso de especialización haxa listaxe de espera, o centro procederá a chamar as persoas que se atopen na lista de espera polo proceso de adxudicación continuada.

Prazas liberadas.

Etiquetas: 
Tema: