IES San Mamede (Maceda-Ourense). Visita á empresa Posada marrón Glacé

Terceira xornada de fomento do emprendemento dentro do programa Atrévete Ourense que se enmarca dentro do Plan eduemprende.

Os alumnos/as do IES San Mamede, de Maceda (Ourense), visitaron o 21 de marzo a Asociación de Empresarios  do Polígono de San Cibrao onde foron recibidos pola xerente Dona Yolanda Vázquez quen reflexionou xunto co alumnado sobre a cultura emprendedora.

Nesta xornada tamén contaron coa visita do xerente da empresa Posada Marrón Glacé de quen recibiron explicacións sobre a súa experiencia persoal dentro do sector empresarial. Despois acompañou aos alumnos/as nun percorrido pola empresa onde se familiarizaron co proceso de fabricación destes produtos.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Comezo actividades de fomento do emprendemento en 2º ESO. Posada Marrón Glacé

Etiquetas: 
Multimedia: