Participación da FP galega en Sportur Galicia

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa participa en Sportur Galicia, primeiro salón do deporte e turismo activo, cun stand de información sobre a Formación Profesional e un espazo virtual 3D con gafas de realidade virtual, coas que coñecer as aulas máis modernas da FP en Galicia. Cóntase coa colaboración do alumnado dos ciclos formativos das familias profesionais de Actividades físicas e deportivas e Hostalaría e Turismo do CIFP A Farixa.

Sportur Galicia celébrase durante os días 17, 18 e 19 de novembro en Expourense co obxectivo principal de dar a coñecer Galicia como destino activo e saudable e promocionar a multitude de opcións que esta comunidade ofrece para as persoas afeccionadas ao deporte e ás actividades ao aire libre.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • FP Galega en Sportur Galicia
  • FP Galega en Sportur Galicia
  • FP Galega en Sportur Galicia
  • FP Galega en Sportur Galicia
  • FP Galega en Sportur Galicia
  • FP Galega en Sportur Galicia
  • FP Galega en Sportur Galicia
  • FP Galega en Sportur Galicia
  • FP Galega en Sportur Galicia
  • FP Galega en Sportur Galicia
  • FP Galega en Sportur Galicia
Etiquetas: 
Multimedia: