Participación galega no Spainskills 2011

Organizada polo Ministerio de Educación en colaboración coas Comunidades Autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, celebrouse a 33 edición da Olimpíada de Formación Profesional, Spainskills 2011, en Madrid, na primeira semana de abril. Nesta olimpíada houbo competicións en 32 skills e dous máis en demostración.

Galicia participou en 22 skills, dous deles en demostración. O alumnado participante cursaba ciclos formativos correspondentes a doce familias profesionais e participou profesorado e alumnado de 21 centros educativos, das catro provincias galegas.

Os resultados que se conseguiron: dos 25 competidores que presentou Galicia a esta Olimpíada obtiveron algún galardón 15 deles. Catro obtiveron medalla de ouro, catro de prata e catro medalla de bronce e tres alumnos máis certificación de excelencia.

Froito todo isto dun bo traballo en equipo, realizado polo profesorado e alumnado de formación profesional de Galicia e coordinados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Participación galega no Spainskills 2011

Etiquetas: 
Multimedia: