Xornada de formación de voluntariado do Programa Finanzas para Mortais 2019

Hoxe tivo lugar no CIFP Compostela de Santiago de Compostela a xornada de formación de voluntariado de alumnado de formación profesional do ciclo de grao superior de Administración e Finanzas. Esta formación é necesaria para incorporarse como voluntarios/as ás actividades formativas para o alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato e ciclos de formación profesional, xunto co persoal voluntario do Banco de Santander. Esta é a 3ª edición dun programa pioneiro en toda España e que neste curso contará coa participación de 43 alumnos e alumnas de catro centros: IES Johan Carballeira, IES Luís Seoane, CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e IES Ricardo Mella.

A xornada foi inaugurada polo Director de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e polo Director de Instituciones do Banco de Santander en Galicia.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Formación de voluntariado do Programa Finanzas para Mortais 2019

Etiquetas: 
Multimedia: