Carnés profesionais. Información sobre o desprazamento para realizar as probas

As probas para a obtención de carnés e habilitacións profesionais na convocatoria 2020 para as especialidades de Gas A, B e C terán lugar no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela os días 11 e 12 do mes de novembro.

O Decreto 179/2020, do 4 de novembro, no seu artigo 1 limita as entradas e saídas de persoas en ámbitos territoriais de determinados concellos de Galicia e no punto 3.i do citado artigo 1 establece como excepción a realización de exames ou probas inaprazables. En virtude do establecido no decreto, as persoas convocadas para a realización destas probas poderán desprazarse desde o seu lugar de residencia. Coa finalidade de facilitar, en caso de que fose necesario, as labores de inspección ás autoridades pertinentes as persoas convocadas deberán levar consigo:

  • Resgardo da solicitude de inscrición.
  • Copia da listaxe definitiva de admitidos e excluídos.
  • Copia do calendario de realización das probas.

Para resolver calquera dúbida poden poñerse en contacto co correo electrónico habilitacions.profesionais@edu.xunta.gal ou no teléfono 881 99 65 29.