SHOT01

 

SHOT01 - Xestión de aloxamentos turísticos

Ciclo formativo
Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SHOT01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar e controlar establecementos de aloxamento turístico, aplicando as políticas empresariais establecidas, controlando obxectivos dos departamentos, accións comerciais e os resultados económicos do establecemento, prestando o servizo na área de aloxamento e asegurando a satisfacción da clientela.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector turístico, nomeadamente no subsector dos aloxamentos turísticos hoteleiros e extrahoteleiros, incluíndo tamén algúns tipos afíns, como as residencias sanitarias, hospitalarias e de estudantes, entre outras, independentemente da súa su modalidade. Trátase de persoal fundamentalmente por conta allea, dado o grande investimento en inmobilizado que adoita supor o aloxamento, e que exerce as súas actividades en labores de xestión, dirección e supervisión en áreas funcionais de recepción, reservas, pisos e eventos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Subdirector/ora de aloxamentos de establecementos turísticos. Xefe/a de recepción. Encargado/a de reservas. Xefe/a de reservas. Coordinador/ora de calidade. Gobernante/a ou encargado/a xeral do servizo de pisos e limpeza. Subgobernante/a ou encargado/a de sección do servizo de pisos e limpeza. Xestor/ora de aloxamento en residencias, hospitais e similares. Xestor/ora de aloxamento en casas rurais. Coordinador/ora de eventos. Xefe/a de vendas en establecementos de aloxamentos turísticos. Comercial de establecementos de aloxamentos turísticos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0174 Dirección de aloxamentos turísticos 240 9
MP0171 Estrutura do mercado turístico 133 5
MP0182 Formación e orientación laboral 107 4
MP0179 Inglés 160 6
MP0173 Márketing turístico 160 6
MP0176 Recepción e reservas 160 6
MP0178 Comercialización de eventos 123 7
MP0183 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0184 Formación en centros de traballo 384
MP0172 Protocolo e relacións públicas 105 6
MP0181 Proxecto xestión de aloxamento turístico 26
MP0177 Recursos humanos no aloxamento 87 5
MP0180 Segunda lingua estranxeira 157 9
MP0175 Xestión do departamento de pisos 105 6




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).