Proxecto A Coruña emprende 2

O obxectivo principal é avanzar na difusión do valor do emprendemento contribuíndo ao desenvolvemento das comarcas da provincia de A Coruña, así como promover o desenvolvemento das calidades persoais, tales como a creatividade, a iniciativa, a sunción de riscos e a responsabilidade.

Participan 15 centros da comarca de A Coruña. Seleccionáronse 9 IES/CPI —un por comarca—, 3CEIP —un por concello máis poboado— e os 3 CIFP que contan con viveiro de empresas:

Concello de Abegondo: IES de Viós
Concello de Arteixo: IES de Sabón
Concello de Arteixo: CEIP Ponte dos Brozos
Concello de Bergondo: CPI de Cruz do Sar
Concello de Cambre: IES Afonso X O Sabio
Concello de Carral: CPI Vicente Otero Valcárcel
Concello de A Coruña: IES Fernando Wirtz Suárez
Concello de A Coruña: CEIP Eusebio da Guarda
Concello de Culleredo: IES Universidade Laboral
Concello de Oleiros: IES María Casares
 Concello de Oleiros: CEIP A Rabadeira
 Concello de Sada: IES Isaac Díaz Pardo
 CIFP Someso
 CIFP Ánxel Casal-Monte Alto
 CIFP Paseo das Pontes

As institucións implicadas neste proxecto

  • Coordinación e desenvolvemento do proxecto:
    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coordina e organiza as actividades dirixidas tanto ao profesorado como ao  alumnado, facilitando a disposición dos espazos en colaboración cos centros educativos participantes.
  • Difusión: “La Opinión” divulgará todas as actuacións e resultados do proxecto.
  • Finanzamento:  54.330,06€ aportados pola Fundación Alcoa.

 Actuacións programadas

  •  Actividades de sensibilización para o alumnado:

     -  Reunións con empresarios
    -  Visitas a empresas

  • Actividades de formación  para o alumnado e profesorado dos centros implicados no proxecto:

    -  Xornadas de motivación
    - “Design thinking”: desenvolvemento do proceso  creativo
    -  A importancia da comunicación: “Story telling aplicado ao marketing”
    -  Presentacións de impacto
    -  Emprender con éxito
    -  Marketing on line
    -  Modelo de negocio: da idea ao mercado
    -  Patentes e marcas
    -  Aplicación das TIC no emprendemento

  • Proxecto de miniempresas:

- Obxectivo xeral : fomentar activamente  a creación de proxectos de miniempresas nos centros educativos.
- Obxectivos específicos:
  -impulsar as metodoloxías vinculadas coa educación emprendedora
-potenciar as competencias persoais e profesionais do alumnado
-interconectar o sistema educativo co entorno
-valorar a figura das persoas emprendedoras 
- Destinatarios:
        Alumnado dos centros educativos implicados no proxecto
- Temporalización:
-Novembro: selección dos proxectos
-Novembro-decembro: formación do profesorado seleccionado
-Xaneiro-maio: desenvolvemento dos proxectos seleccionados nos centros
-Xuño: presentación de resultados

  • Concursos para o Fomento da creación de proxectos empresariais:

– Redacción dunha idea de negocio:  6º Primaria e 1º e 2º ESO
– Pequeno proxecto de empresa: 3º e 4º ESO.
– Proxecto empresarial: Bacharelato e   Formación Profesional.

  • Elaboración de material didáctico: videos, publicacións
  • Difusión do proxecto

Toda a información  estará dispoñible:
- web: www.edu.xunta.es/fp
- Boletín educativo.
- Folletos informativos.
- Video do proxecto e publicacións.
- “La Opinión.”

  •  Enquisas

Enquisa do proxecto para alumnado de secundaria, bacharelato e formación profesional
Enquisa do proxecto para alumnado de primaria

  • Concurso

- Concurso de ideas para a realización de proxectos empresariais
- Relación de premiados

  • Proxectos de miniempresas

- Proxectos de miniempresas

Etiquetas: