Convocatoria para participar no programa Atrévete 2017 - 2018

No curso 2017-2018 o programa Atrévete desenvolverase en colaboración coas diferentes asociacións que se detallan abaixo:

  • Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo (A Coruña)
  • Asociación de Empresarios de Ferrolterra (Ferrol)
  • Área Empresarial do Tambre (Santiago de Compostela)
  • Asociación de Empresarios de Ribeira
  • Asociación de Empresarios Seara (As Pontes de García Rodríguez)
  • Confederación de Empresarios de Lugo/Fundación CEL
  • Asociación de Empresarios Sete Pontes (Vilalba)
  • Asociación de Empresarios Polígono de San Cibrao (Ourense)
  • Círculo de Empresarios de Galicia
  • Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE Pontevedra)
  • Federación Comarcal de Empresarios de Arousa

Tanto as actividades dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de primaria como as xornadas de formación dirixidas a 1º e 2º de ESO celebraranse desde novembro de 2017 ata maio de 2018.

Etiquetas: