Dimensión europea da FP: formación, mobilidade, emprendemento. Materiais

A Fundación Galicia Europa e a Xunta de Galicia, co apoio da Representación da Comisión Europea en España, organizou a a xornada informativa "Dimensión europea da Formación Profesional: formación, emprendemento e mobilidade", dirixida esencialmente a profesores e orientadores de Formación Profesional de Galicia.

A xornada celebrouse no CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) o 14 de maio de 2014, e nela explicouse o marco europeo no que se imparte a Formación Profesional, as oportunidades de mobilidade existentes dentro da UE e as iniciativas de apoio ao emprendemento coas que contan os mozos titulados de FP.

Pode vostede acceder, en nova xanela, ás presentacións dos poñentes intervintes na xornada.

- Materiais

Etiquetas: