Implantación de ferramentas de medios de pagamento 2020-2021

Programa enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria S.A para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do desenvolvemento do espírito emprendedor, no marco de Eduemprende.

O obxecto deste programa é fomentar o emprendemento e a educación financeira na formación profesional, entre o alumnado das familias profesionais de Administración e xestión, e de Comercio e márketing. Esta actuación encádrase no Plan de emprendemento no sistema educativo Eduemprende.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado que curse ensinanzas de formación profesional nas familias de Administración e xestión e de Comercio e márketing en centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, nos que ditas ensinanzas estean sostidas con fondos públicos.

As distintas actividades desta convocatoria comezarán no mes de xaneiro de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 09/12/2020.

Etiquetas: