Xornada formativa do programa Superlíderes. Centros participantes

O luns 12 de novembro celebrouse no CIFP Politécnico de Santiago unha xornada formativa para iniciar o programa Superlíderes 2018-19. Esta formación foi dirixida ao profesorado correspondente ao alumnado de 3º e 4º de Primaria, dos 11 centros participantes no mesmo:

  • CEP Plurilingüe de Ventín
  • CPR Plurilingüe La Inmaculada
  • CEIP Lamas de Abade
  • CEIP Gonzalo Torrente Ballester
  • CEIP Flavia
  • CEIP de Antas de Ulla
  • CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle
  • CEIP Eduardo Pondal
  • CEIP de Espedregada
  • CEIP de Ponte Sampaio
  • CPR Plurilingüe Atalaya - Cantabria

Nesta xornada propuxéronse os instrumentos para traballar co alumnado as seguintes capacidades ou competencias: motivación, enxeño, comunicación, resolución de problemas, negociación e traballo en equipo.

O programa comeza no mes de novembro e finalizará o mes de abril de 2019, cunha xornada conxunta de competición entre os equipos de superlíderes de cada un dos centros educativos participantes, que se desenvolverá en Santiago de Compostela.

Etiquetas: