FP dual. Convocatoria xuño 2021

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático www.edu.xunta.es/ciclosadmision. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta nigunha das súas peticións. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.

As persoas que participen no proceso de admisión para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán, se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia.

As persoas admitidas nun proxecto de FP dual quedarán excluídas, e non serán adxudicadas, no proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, nos cursos de especialización ou no réxime para as persoas adultas. No caso de non seren admitidas en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos

Listaxes do procedemento de admisión

  • Listaxe provisional de solicitudes de Formación Profesional dual
  • Listaxe definitiva de solicitudes de Formación Profesional dual
  • Listaxe de persoas admitidas e listaxe de persoas en espera de Formación Profesional dual
  • Listaxes de ciclos de FP dual con prazas vacantes

Oferta clasificada por concello (pendente de publicacion)