IV Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Cidade da Cultura de Galicia convoca a cuarta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

  1. Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet.
  2. Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica.
  3. Iniciativas na área da xestión cultural.

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta durante doce meses ao Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura e un premio en metálico de 2.000 euros.

Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia antes do 8 de xullo. O nome dos gañadores daranse a coñecer o 30 de setembro.

Para acceder ás bases e a solicitude de inscrición prema na seguinte ligazón:

Bases e solicitude de inscrición

- Vídeo promocional do evento

 

 

Etiquetas: