Premio Escola do Ano da Fundación Princesa de Girona

Convocada unha nova edición do Premio Escola do Ano, dirixido aos centros escolares de España comprometidos co desenvolvemento do talento e a innovación educativa en favor dunha sociedade máis xusta e dun mundo mellor. Con este recoñecemento, a FPdGI quere recompensar o esforzo dos docentes que apostan pola innovación educativa nos seus centros.

Poderán presentarse ao premio aqueles centros educativos, públicos ou privados, que conten cunha antigüidade superior aos 5 anos e desenvolvan a súa actividade nunha ou en varias etapas (infantil, primaria, secundaria, bacharelato e/ou ciclos formativos).

O premio consistirá nun plan de formación e experiencias en innovación educativa desenvolvido pola Fundación. Os representantes da Fundación realizarán unha visita oficial ao centro educativo galardoado na que farán entrega dunha escultura do artista Juan Zamora (Premido FPdGI Artes e Letras 2017).

O prazo para presentar as candidaturas rematará o vindeiro 17 de xullo.

Etiquetas: