Premios europeos á innovación na Formación Profesional 2017

Entre o 20 e o 24 de novembro de 2017 celebrarase en Bruxelas a segunda Semana Europea da Formación Profesional. Como parte das actividades programadas, terá lugar a entrega dos Premios á Excelencia no ámbito da Formación Profesional, entre os que destacan os Premios europeos á Innovación na Formación Profesional 2017.

Estes premios están destinados a centros que contribuíran á excelencia na Formación Profesional a través de prácticas innovadoras. Na páxina dos Premios europeos á Innovación na Formación Profesional 2017 pódese atopar un documento con información detallada e a lista completa cos criterios de selección (contar con certificacións relevantes, ter recibido premios no ámbito da educación, etc.).

O prazo de solicitudes para presentar candidatura premios remata o 27 de setembro de 2017.

Etiquetas: